Iniciar sesión: Acceso

O TEMPO EN BURELA

PRIMEIROS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA DA MARIÑA

 
Dentro das actividades do PRIMEIROS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA o próxima martes día 23 de xuño, terá lugar ás 12:30 h. na Biblioteca do IES Perdouro de Burela, a entrega de premios do concurso de Banda Deseñada. No acto contaremos coa presenza de Miguelanxo Prado.

 

Toda a información dos encontros no blog

 

CICLOS FORMATIVOS DE FP

 

Ata o 2 de xullo aberto o prazo de inscrición aos Ciclos Formativos de Formación Profesional.

Calendario de inscrición e matrícula aquí

Dende as seguintes ligazóns podes descargar os impresos de solicitude, e traelos xa cubertos xunto coa documentación necesaria, especificada nos mesmos.

Ciclos Formativos de Grao Medio: Información e documentación

Ciclos Formativos de Grao Superior: Información e documentación

Os alumnos e alumnas que superasen a proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao medio -ver cualificación provisionais- inscribiranse a partir do 26 de xuño, día no que poderán recoller o certficado se superación da proba no centro na que a realizaron.

Ciclos Formativos de FP ofertados no IES PERDOURO (Código do Centro: 27013934)

máis información en www.edu.xunta.es/fp

CICLOS FORMATIVOS DE FP. APOSTA POLO FUTURO

Documental, gravado no mes de abril en empresas da Mariña, podes comprobar a inserción laboral dos alumnos e alumnas titulados no IES PERDOURO.

Dende aquí, agradecer unha vez máis a colaboración de empresas e alumnos e alumnas títulados nos  Ciclos Formativos do IES PERDOURO.

Para ver o documental, premando aquí

Máis información sobre a oferta educativa de ciclos formativos no noso centro na seguinte ligazón:

Presenza na prensa

 

PRESENTACIÓN DO NOVO NÚMERO DA REVISTA MARUXÍA

A publicación chega moi renovada e abre unha nova etapa: neste número estrea dirección artística e literaria. A nova directora é a profesora Miruca Parga Valiña, do departamento de Lingua e Literatura,  e da coordinación da liña gráfica ocupouse Margarita López Periago, do Departamento de Electrónica, contando coa colaboración de Tomás López Retorta. Da elaboración dos contidos ocupouse o alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

 

Maruxía 15

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP. CONVOCATORIA 2009

Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR.


Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. A celebración da proba terá lugar o 3 de XUÑO.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA NO VERÁN DE 2009

Convocadas axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN CENTROS DA MARIÑA LUCENSE

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou xunto coa Fundación Alcoa (imaxe do acto) o proxecto PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN CENTROS DA MARIÑA LUCENSE o pasado día 5 de novembro, no que participarán no curso actual os centros:

  • CIFP Porta da Auga de Ribadeo
  • IES María Sarmiento de Viveiro
  • IES Perdouro

Máis información:

Presenza na prensa:


NOVO PREMIO EN INNOVACIÓN

A Xunta de Galicia premiou de novo o proxecto de innovación educativa do IES Perdouro.

A Consellería de Educación premiou por terceira vez consecutiva o IES Perdouro pola súa innovación educativa. O noso centro, como outros oito de toda a comunidade, recibirá 2.000 euros para desenvolver a proposta elaborada por un grupo de traballo formado por 40 profesores e profesoras.

A iniciativa premiada pola Xunta ten como finalidade completar o Arquivo Documental de Burela e avaliar o grao de influencia da intervención educativa que, centrada no conxunto da localidade, deseñou o Seminario de Lingua e Literatura Galegas.

O proxecto, iniciado durante o curso 2005-06, foi premiado por vez primeira en novembro de 2006 e recibiu tamén o recoñecemento da Consellería de Educación nas edicións de 2007 e 2008.

A Consellería de Educación premiou tamén os proxectos en materia de innovación presentados polos institutos Félix Muriel (Rianxo), Rodeira (Cangas), As Bizocas (O Grove), A Sangriña (A Guarda); os colexios de Aguiño (Ribeira) e Figueroa (A Estrada); e a Escola de Idiomas de Ferrol. Todos

eles foron xa cumprimentados pola coordinadora do Equipo de Traballo de Innovación, en representación do equipo directivo e da comunidade educativa do IES Perdouro.

Máis información en: http://elprogreso.galiciae.com/nova/17038.html

NOVA WEB

Esta é a nova páxina do IES Perdouro. Estamos a mudar os contidos dende a WEB Antigua . Máis información na ligazón anterior.

Distribuir contido